Familia Paz

Jean-Jacques Rousseau decía que sempre hai un libro aberto para todos os ollos: a natureza. O proxecto de Jesús fai xustiza a esta frase. As imaxes amosan un lugar esquecido, un claro no medio dun bosque onde o entorno aseméllase ao que debería ser, un hábitat no que dous seres conviven en perfecta harmonía, compartindo, pode que de forma inconsciente, unha débeda mutua, unha xustiza natural e fermosa. Isto non é máis que o principio dunha historia na que os personaxes xiran en torno ós dous protagonistas, un home, que a pesar de moitas dificultades ten a forza necesaria para continuar ca sua ilusión, e as bestas, un animal nobre e fermoso. Dalgunha maneira estes dous elementos son parte da mesma idea, condicionados por unha terra e uns costumes cada vez máis descoñecidos, e a través dos cales manteñen viva unha tradición.

Texto de Manuel García Vicente

2017 - presente.