The idea of ​​human altered landscape is a path we can follow and would make us reach our first footsteps as a species. This series of photographs belonging to my project "Monumental", are part of a study on the intrusion and the footprint that humans leave on our planet over time. Specifically, in the form of technological landscape alterations. The constant improvement of communication technologies and the services they offer, makes it necessary for the number of antennas in our territory to increase. In this way, in recent years and as if they were a native tree species, the existence of this type of construction in the landscape has been normalized and accepted. In Galicia, where these photographs are taken, 4G coverage is present in more than 99% of the territory. This makes it one of the most advanced regions in mobile broadband coverage, not only in Europe but worldwide. In the other hand its rural population density it’s very low and constantly diminishing, more than the 3/4 of the population is living in 1/5 of the territory. With the need to register the change that I am witnessing, in the territory I inhabit and in the time in which I live, I ask questions about the permanence of our impact and the perspective that the passage of time will give us.
8x10 large format film photography.
A idea de alteración humana da paisaxe, é un fío do que podemos tirar e que nos faría chegar ata chegar ata as nosas primeiras pisadas coma especie. 
Esta serie de fotografías pertencentes ao meu proxecto “Monumental” son parte dun estudo sobre a intrusión e a pegada que os humanos deixamos ao longo do tempo, en concreto en forma de alteración tecnolóxica da paisaxe. 
 A constante mellora das tecnoloxías de comunicación e os servizos que estas ofrecen, fai necesario que cada vez sexa maior o número de antenas no noso territorio. Deste xeito, durante os últimos anos e como se dunha especie arbórea autóctona tratásese, normalizouse e aceptouse a existencia na paisaxe deste tipo de construción. 
En Galicia, onde están feitas estas fotografías, a cobertura 4G está presente en máis do 99% da comunidade autónoma, o que a converte nun dos territorios máis avanzados en banda ancha móbil, non só en Europa se non a nivel mundial.  Por outra banda, a súa densidade de poboación rural é moi baixa e diminúe constantemente: mais de 3/4 partes da poboación vive nunha 1/5 do territorio.  
Coa necesidade de rexistrar o cambio do que estou a ser testemuña no territorio que habito e na época na que me tocou vivir, fago preguntas sobre a permanencia do noso impacto e a perspectiva que nos dará o paso do tempo.
 
Fotografía química de gran formato en 8x10 pulgadas.
Back to Top